A compañía de danza Dobre Xiro propón un novo espectáculo para a fin de semana
Dobre Xiro Danza estrea a obra ”De meninas... e soños” coa participación como artista invitado do coreógrafo Francés Bravo, director da Compañía Rayo Malayo de Madrid. O espectáculo representarase o sábado e domingo ás 20.30 horas no auditorio municipal e conta coa colaboración da Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
Dobre Xiro Danza vén traballando dende a súa creación con profesonais doutras disciplinas artísticas (músicos, actrices, guionistas, directoras teatrais, artistas plásticos e realizadores audiovisuais) e intercambiando conceptos con creadores de todo o Estado, feito que contribúe no desenvolvemento da traxectoria profesional da compañía tanto na creación de obras como na formación de bailaríns e bailarinas.
”De meninas... e soños” é un espectáculo configurado por dúas pezas coreográficas que describen un mundo diante e detrás dun espello imaxinario e que interpretan as compoñentes da compañía Cristiane Boullosa e Olga Cameselle.
Descargar todas as imaxes