Obras e servicios presentadas ós Programas de Cooperación Xunta de Galicia-Entidades Locais
A Comisión de Goberno adoptou, en función das posibilidades de confinanciamento e en virtude das prioridades establecidas, o acordo de aprobar para presentar a esta convocatoria as memorias de “Actuacións e rexeneración urbana” (Vías e Obras) e “Axardinamento e recuperación medio ambiental de zonas verdes” (Montes, Parques e Xardíns), debido á obriga de cofinanciamento que tal presentación conleva.
Con respecto a convocatorias anteriores deste tipo de programas, este ano preséntanse as seguintes novidades:
1º) Subvencionarase a contratación de traballadores desempregados utilizando o contrato temporal de inserción (establecido pola pola Lei 12/2001), de xeito que “a contía da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será, para efectos salariais, a equivalente á base mínima do grupo de cotización ó que corresponda a categoría profesional desempeñada polo traballador contratado, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, todo isto con independencia da retribución que finalmente perciba o traballador” (artigo 10º.1 da Orde de 12/04/02).
2º) A disposición de financiamento para este programa neste ano (segundo a información facilitada pola propia Xunta de Galicia) redúcese considerablemente: a estimación transmitida polos responsables da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude é de que este ano se concederán subvencións nestes programas nunha contía equivalente ó 25% do concedido o ano pasado (o ano pasado a Xunta concedéulle ó Concello de Vigo unha subvención total de 694.828,82 € nestes programas, polo que se estima que este ano concederán ó Concello de Vigo aproximadamente unha subvención total de 173.707,20 €).
3º) O resto do financiamento do servicio público de emprego para este tipo de actuacións volcarase este ano no Programa Labora: Xuventude con Experiencia, recentemente establecido pola Xunta mediante Decreto 148/2002, no que serán de aplicación tamén os contratos de inserción e as súas condicións de financiamento (contratación de menores de 30 anos sen experiencia laboral por un periodo de 12 meses).
Este novo sistema de financiamento das contratacións acollidas ós programas de cooperación, xunto coa existencia dun convenio colectivo propio para as contratacións municipais de fomento do emprego, provoca que neste ano o Concello de Vigo teña que cofinanciar (ademais dos materiais das obras e servicios que finalmente se subvencionen) unha boa parte dos custos salariais das contratacións. O custo para o Concello das diferentes contratación a realizar indícanse na seguinte táboa.
Categoría/Custo total mensual/Subvención Xunta/Aportación Concello
Técnico superior/2.518,14 €/1.011,80 €/1.506,34 €
Técnico medio/2.102,42 €/839,28 €/1.263,14 €
Encargado/1.766,34 €/729,53 €/1.036,81 €
Auxiliar administrativo/1.430,37 €/679,00 €/751,37 €
Oficial/1.501,95 €/713,11 €/788,84 €
Peón/1.306,87 €/713,11 €/593,76 €
A Comisión de Goberno acordou tamén aprobar a memoria denominada “Execución da 1ª fase do plan de formación para ONLs” para a súa presentación ó abeiro do establecido no Capítulo III da Orde de 12/04/02 e asumir as obrigas económicas que ó Concello de Vigo lle poidan corresponder no desenvolvemento destes proxectos, no caso de seren aprobados pola Xunta de Galicia.