Escoitar
Mobilidade, Seguridade e Transportes

Sentido único de diversas rúas

<br />

venres, 30 abr 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co consenso dos veciños, establécese sentido único na rúa Carballa, entre as rúas 10 de Marzo e Fragoso, cara á rúa Fragoso, dende o martes 04 de maio de 2010 ás 10:00 horas.
Prégase a máxima atención á sinalización. Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Ponse en coñecemento do público en xeral que coa finalidade de mellorar a mobilidade na zona e co
consenso dos veciños, establécese sentido único na rúa Angel Ilarri (rúa interior do parque de Castrelos), cara á rúa Pontillón_ Subida á Costa, dende o luns 03 de maio de 2010 ás 10:00 horas.
Prégase a máxima atención á sinalización, Solicítase a máxima colaboración cidadá.