Escoitar

O tenente de alcalde anima á cidadanía a presenciar mañá no Ifevi o Racingshow 2010, "un espectáculo grandioso"

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, fixo un chamamento aos vigueses e viguesas para que mañá se animen a visitar o Ifevi e presenciar o Racingshow 2010, ao seu xuízo "un espectáculo grandioso". Na presentación do circuíto, o nacionalista tamén salientou que contar coa participación de tres campións internacionais como Timo Salonen, Miki Biasion e Armindo Araujo é "unha oportunidade única".

venres, 30 abr 2010
1272630949Racingshow.JPG
A cuarta edición do Racingshow, terá lugar mañá 1 de maio no pavillón 3 do Ifevi, no marco do Salón do Automóbil de Vigo. Segundo destacou o tenente de alcalde, a súa celebración na cidade "contribúe á consolidación de Vigo como referente no ámbito deportivo, pero tamén nos eidos económico e industrial".

Unha das novidades do Racingshow 2010, ademais da presenza dos tres campións internacionais, consiste no novo trazado exterior do circuíto, co que se amplía o percorrido para que os coches poidan ofrecer o mellor espectáculo. O tenente de alcalde tivo a oportunidade de probalo xunto ao campión do Mundo de Rallys, Miki Biasión. Como novidade haberá tamén gradas no exterior para seguir en directo a proba nesta parte do percorrido.

O evento será nunha soa xornada, de xeito que pola mañá terán lugar os adestramentos e pola tarde serán as roldas de clasificación, a presentación dos pilotos e a final e a súper final da carreira de campións. As entradas pódense mercar en www.servinova.com a un prezo de 20 euros.
Descargar todas as imaxes