Escoitar

Unha campaña de fomento dos comedores destaca a compatibilidade de horarios laborais e escolares

mércores, 13 mar 2002
imx1197.jpg
A Concellería de Educación e Muller emprende unha campaña de promoción dos comedores escolares en colaboración con Caixanova e coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos. Preténdese fomentar unha alimentación equilibrada e saudable e facer compatibles os horarios laborais cos escolares.

O comedor escolar fomenta a adquisición de hábitos hixiénico-sanitarios, nutricionais e alimentarios e convivenciais. A campaña de promoción, co título ”Comedor escolar?, naturalmente” está destinada a alumnado de 3 a 12 anos e ten un prezo de 2,25 euros (375 pesetas) por menú.

Para facer máis asequibles os prezos dos comedores, esta iniciativa conta co apoio e subvención de Caixanova e do Concello de Vigo quen, ademais, outorga bolsas de axuda individuais para que tódolos nenos poidan benficiárense do comedor no caso de teren problemas económicos.

O Concello puxo en marcha un plan de obras para dotar de comedores a tódolos centros educativos públicos de Vigo. En 1999 había 10 comedores e en 2002 funcionan 36 e está prevista a súa creación en tódolos centros de infantil e primaria de Vigo.


CONTACTO

Descargar todas as imaxes