Escoitar

Deportes patrocina un ciclo de proxeccións de montañismo no Ano Internacional das Montañas

mércores, 13 mar 2002
imx1195.jpg
Lago, Domínguez e Fernández
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou o ciclo audiovisual ”A miña amiga a montaña” organizado con motivo do 60 aniversario do Club Montañeiros Celtas. As proxeccións comezarán o venres, 15 de marzo, e estenderanse ata o 24 de maio.

Domínguez felicitou o labor do club e animou á súa continuación xa que está a desenvolver un traballo importante con nenos e maiores na axuda á potenciación desta práctica deportiva, explicou.

O coordinador do ciclo, Fernando Fernández, indicou que o labor do club se centra no fomento da educación ambiental na poboación viguesa e, á vez, xenera deportistas de elite. De Montañeiros Celtas saíron grandes alpinistas como Chus Lago, que entrou no club hai 25 anos, ou Xosé Manuel Pérez Prego, director da Escola Española de Alta Montaña.

Chus Lago destacou a situación privilexiada de Vigo e Galicia, xa que vivimos ”rodeados de paisaxes verdes de montañas que debemos aproveitar”, dixo.

Montañeiros Celtas conta con 1.000 socios que se foron renovando nestes 60 anos de existencia. O movemento económico de prendas deporticas de esquí e montañismo é o segundo en facturación.

Programa

Venres, 15 de marzo, ás 20:00 no Centro Cultural Caixanova. ”O leopardo das neves”. Conferenciante: Chus Lago.

Xoves, 4 de abril, ás 20:00 no paraninfo da EU Enxeñería Técnica Industrial (Peritos). ”A sociedade vista dende a montaña”. Conferenciante: Manuel González Fernández.

Venres, 12 de abril, ás 20:00 no paraninfo do Rectorado da Universidade de Vigo. ”Formación en montaña”. Conferenciante: José Manuel Pérez Prego.

Venres, 19 de abril, ás 20:00 no paraninfo da EU Enxeñería Técnica Industrial (Peritos). ”Historia do montañismo en Galicia”. Conferenciante: Ricardo Gurriarán Rodríguez.

Venres, 26 de abril, ás 20:00 no paraninfo da EU Enxeñería Técnica Industrial (Peritos). ”Espacios naturais protexidos en Galicia”. Conferenciante: Gonzalo Puerto Arribas.

Venres, 3 de maio, ás 20:00 no Paraninfo da Universidade de Vigo. ”Mitos e lendas nas montañas de Galicia”. Conferenciante: Constancio Veiga González.

Venres, 10 de maio, ás 20:00 no paraninfo da EU Enxeñería Técnica Industrial (Peritos). ”Fervenzas de xeo e montañas virxes no Himalaya”. Conferenciante: Miguel Ángel Vidal.

Venres, 24 de maio, ás 20:00 no paraninfo da EU Enxeñería Técnica Industrial Peritos. ”Montañismo, máis que un deporte”. Conferenciante: Antonio Fernández Pena.



Descargar todas as imaxes