Os programas do Concello de Vigo sobre prevención da violencia a debate nunhas Xornadas
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou as Xornadas Municipais sobre Prevención da Violencia que se desenvolverán o 14 e 15 de marzo no auditorio municipal. Caixanova e a Fundación Aldaba participan neste evento que contará coa presencia de responsables de programas sociais de Andalucía, País Vasco e Madrid, entre outros.
”Vivir sen medo” é o título das xornadas que pretenden abrir o debate para contribuír a ofrecer unha visión conxunta e obter respostas tendentes a previr a violencia, ademais de difundir o problema e dar a coñecer experiencias doutros lugares, explicou Sío.
O representante da Obra Social de Caixanova Luis Guede, que achegou 2 millóns de pesetas para financiar estas xornadas, destacou o aumento da violencia na sociedade ”como un problema moi grave porque cando enraíza é difícil de erradicar” e a intención desta entidade por preservar un valor fundamental como a vida humana.
Ademais dos relatorios, haberá mesas redondas e obradoiros para a posta en común das experiencias. Está prevista a asistencia de 150 persoas.
Descargar todas as imaxes