O Concello concederá axudas económicas para mulleres que saian da Casa de Acollida
A Comisión de Goberno aprobou a concesión dunha bolsa de axuda económica para a saída de dez mulleres da Casa de Acollida de Mulleres Maltratadas, tal como se establece no Plan de acción municipal para combater a violencia contra as mulleres.
Este plan recolle diversas actuacións dirixidas, entre outros, ó apoio ás víctimas dos malos tratos. A finalidade da medida de concederlles unha bolsa de axuda económica de apoio ás mulleres na saída da Casa de Acollida é que, despois de permanecer temporalmente neste servicio social especializado, saian co obxectivo de iniciaren unha vida independente trala ruptura co agresor. Para conseguir esta autonomía persoal e económica faise necesaria a concesión dunha axuda económica puntual que lles permita afrontar os gastos máis urxentes e básicos tales como débeda de aluguer, transporte, consumo e axuar, entre outras.
O procedemento de concesión destas axudas, por un importe máximo de 100.000 pesetas cada unha, realízase previa valoración do equipo de profesionais do Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller e da Casa de Acollida de mulleres maltratadas. Estes equipos traballan conxuntamente na recuperación integral da muller desde o seu ingreso na Casa de Acollida.
A proposta de valoración exponse nas xuntanzas semanais de coordinación do Centro de Información e da Casa de Acollida. Unha traballadora social emite un informe coa proposta do importe da axuda e realiza o seguimento dos xustificantes que a beneficiaria ten que achegar cando recibe o importe da axuda concedida.