Escoitar

Inaugúrase a exposición de traxes da Festa da Reconquista

venres, 8 mar 2002
imx1176.jpg
Desfile de franceses
A inauguración da mostra do traxe tradicional organizada con motivo da Festa da Reconquista será o sábado, 9 de marzo, ás 19:00 na Sala dos Peiraos situada na praza da Constitución. Máis de dez mulleres de colectivos do Casco Vello confeccionaron os traxes de época de personaxes que participaron na liorta.

Disfraces de vigueses e franceses, ademais dos personaxes Cachamuíña ou o cego Casimiro, entre outros, e modelos de época para que reproduzan os interesados en participar na representación da festa da Reconquista permanecerán expostos ata o 15 de marzo.

Liño, la, pano, remontas e ornamentos de veludo e pedrería característicos do traxe tradicional galego son os materiais e adobíos que utilizaron as mulleres para a elaboración dos modelos dos vigueses.

A mostra estará aberta de 18:00 a 21:00, de luns a venres, e de 9:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 os sábados. O domingo permanecerá pechada.
Descargar todas as imaxes