Escoitar

A Casa das Artes acolle unha mostra sobre a historia do movemento homosexual

venres, 8 mar 2002
imx1178.jpg
Catálogo
As exposicións ”Galesgay: historia do movemento lésbico e gay na Galiza” e ”A destrucción de Afrodita”, organizadas polo Colectivo Legais en colaboración co Concello de Vigo, abren hoxe as portas na Casa das Artes.

A primeira destas exposicións amosa carteis, trípticos, revistas, recortes de prensa, libros e obras de arte que documentan 22 anos de historia do movemento homosexual e a segunda contén unha serie de fotografías realizadas por María Jesús Fariña.

A concelleira Mariló Cabaleiro felicitou os organizadores desta mostra pioneira en España sobre a historia homosexual que demostra que Vigo é unha cidade plural e pendente da realidade social do conxunto da sociedade.

A presidenta do Colectivo Legais, Beatriz Suárez Briones, destacou que pertencen a un colectivo minorizado e silenciado durante séculos que procura recuperar a súa historia como primeiro paso para a normalización, ademais de ofrecer unha mostra cultural propia que os caracteriza e singulariza.

Buxán sinalou a próxima publicación con todo o material achegado para esta exposición que será patrocinada polas concellerías de Participación Cidadá e Muller de cara á divulgación do labor investigador e o compromiso cultural deste colectivo.

Descargar todas as imaxes