73 persoas presentaron traballos para o Concurso Radiofónico de Xuventude
A vindeira semana coñeceranse os gañadores do Concurso Radiofónico convocado pola concellería de Xuventude e Radio Ecca. O xurado terá que escoitar antes as 73 fitas magnetofónicas que presentaron os participantes de idades comprendidas entre os 16 e 30 anos coa locución de dúas noticias.
As dúas persoas elixidas, ademais da oportunidade de ter uns micrófonos á súa disposición, recibirán unha gravadora e unha máquina fotográfica dixital como obsequio.
O xurado, composto por técnicos do Concello e da dirección da emisora de voluntarios Radio Ecca, estará presidido polo concelleiro de Xuventude, Santiago Domínguez Olveira. A elección permitirá poñer nas ondas un programa específico dedicado á xuventude viguesa.
A idea do concurso radiofónico pretende atopar locutores e locutoras para o informativo xuvenil que a Concellería vai provomer a partires das próximas semanas. Será emitido, con frecuencia semanal, nesta emisora educativa e cultural.
Con esta acción, a concellería de Xuventude proponse diversifica-las súas ofertas de actividades e ó mesmo tempo contar cun trampolín informativo das súas accións a prol dos mozos e as súas alternativas de ocio e información.