Patrimonio Histórico prepara unha exposición sobre a obra de Antonio Palacios
O próximo mes de xuño poderase visitar na Estación de Trasatlánticos unha exposición sobre a obra do arquitecto Antonio Palacios organizada polo Concello e o Círculo de Belas Artes de Madrid. A mostra conta coa totalidade da exposición do Círculo de Belas Artes, ampliada con materiais novos referidos á vinculación do arquitecto porriñés con Vigo e Galicia.
A exposición estará presidida por un busto de Palacios e contará con pezas de excepcional valor como o ”farol” do Palacio de Comunicacións de Madrid ou o ”confesionario” do Templo Votivo do Mar de Panxón. Paneis ilustrados con textos de Palacios achegarán, ó visitante da exposición, ó coñecemento polo miudo de case unha trintena de proxectos dos que a terceira parte se refiren a Galicia. É o caso do teatro García Barbón, pavillón e planta embotelladora do Balneario de Mondariz, Concello e Botica Nova de Porriño, Virxe da Roca de Baiona, Proxecto de reformas de acceso á catedral de Santiago de Compostela, Templo Votivo do Mar de Panxón, Templo da Veracruz de Carballiño ou o Proxecto de Ensanche e Reforma Interior de Vigo.
Ademais, a exposición contará con numerosas referencias documentais, de hemeroteca, edicións históricas, maquetas, murais luminosos, fotografías panorámicas e un audiovisual. Con motivo da mostra publicarase un monográfico sobre o Proxecto de Ensanche e Reforma Interior de Vigo -coñecido como Plan Palacios- do que se cumpren setenta anos.
A exposición completarase cun ciclo de conferencias e mesas redondas que abranguerán tódalas facetas desenvolvidas por Antonio Palacios, como urbanista, arquitecto e impulsor da industria do granito.
BIOGRAFÍA
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes