O Concello súmase á homenaxe de Francisco Fernández del Riego
A Fundación Premios da Crítica organiza o venres, 8 de marzo, ás 20:00 no Centro Cultural Caixanova, unha homenaxe pública ó ex-presidente da Real Academia Galega, Francisco Fernández del Riego, na que estarán representantes do Concello de Vigo.
Considera a Fundación que Fernández del Riego ten esta homenaxe ben merecida polos moitos anos -máis de setenta- que veu traballando arreo pola defensa da cultura e identidade galegas. Esta circunstancia converte a don Paco del Riego no actual Patriarca das Letras Galegas.
O acto abrirá cun breve concerto do empresario e pianista Ramón Castromil e logo emitirase unha reportaxe retrospectiva da vida e obra de Francisco Fernández del Riego, producida pola TVG. No acto intervirán, ademais, sete persoas relevantes do mundo da cultura, e o actual presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro Fernández, pechará o evento trala presentación do libro dedicado ó homenaxeado.
O libro recolle opinións de intelectuais galegos como Xesús Alonso Montero, Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda, Valentín Arias, Xela Rias, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Ramón Barrreiro Fernández, Borobó, Manuel Caamaño Suárez, Isaac Díaz Pardo, Xesús Ferro Ruibal, Xosé L. Franco Grande, Olga Gallego Domínguez, Salvador García Bodaño, Constantino Garcia González, Manuel González González, Pedro López Gómez, Basilio Losada Castro, Marina Mayoral, Xosé Neira Vilas, Camiño Noia Campos, María Xosé Queizán, Xesús Rábade Paredes, Modesto Hermida García, Antón Santamarina, Agustín Sixto Seco, Xohana Torres, Andrés Torres Queiruga, Helena Villar Janeiro, Ramón Villares Paz ou Luís González Tosar.
A publicación irá ilustrada con láminas de pintores coñecidos que, deste xeito, se suman á homenaxe, que coordina o pintor e membro da Fundación Premios da Crítica, Antón Pulido.
Descargar todas as imaxes