Escoitar

Xa están á venda as entradas para o ”Festival contra a violencia de xénero”

venres, 8 mar 2002
A Concellería de Muller apoia o “I Festival contra a violencia de xénero”, organizado pola Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos e a vocalía da muller da Federación Veciñal “Eduardo Chao”, que se celebrará o 14 de marzo na discoteca Nova Olimpia.

As entradas para o festival pódense recoller na vocalía da muller da “Federación Veciñal Eduardo Chao” e na Oficina da Muller de luns a venres en horario de 8,00 a 15,00 horas. O custo de cada entrada é de 3 euros (2 euros de cada entrada serán a beneficio da Rede de Mulleres veciñais) e xunto coa entrada se ten dereito a unha consumición gratuíta sen alcohol e a disfrutar das actuacións do Grupo de Música “Salsa Costas”, do showman Alberto Cuha e Pepe Cadabedo e do Sorteo de agasallos.