Escoitar

A campaña de Promoción Deportiva Escolar achegará máis de 15 modalidades ós rapaces

luns, 11 mar 2002
imx1186.jpg
Cartel
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou a campaña de ”Promoción Deportiva Escolar”, realizada en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte e coordinada pola Agrupación Deportiva Vigo, que se desenvolverá en tódolos centros escolares da cidade.

Con esta campaña preténdese a promoción deportiva en idade escolar nunha cidade como Vigo que é referente de deportes de elite, de base e de prácticas por afeccionados, sinalou Santiago Domínguez.

A posta en marcha de atletismo, tiro con arco, tenis de mesa e xadrez realizouse, durante o curso 2000-01, mediante información técnica e práctica impartida por monitores cualificados das distintas federacións e clubs que participan no programa.

Nas modalidades de bádminton, béisbol, kárate, kung-fu, taekwondo, loita, ximnasia rítmica e voleibol organizáronse xornadas nas instalacións do Instituto Municipal dos Deportes (Coia, Travesas, campos de fútbol...)

En vela complementouse a actividade coas prácticas no mar realizadas nas embarcacións pertencentes á Federación Galega. Nos meses de marzo e maio, coicidindo coa celebración das festividades do pai e da nai realizáronse xornadas de participación libre de xogos populares como aros, bolas, trompo, tiro de corda, pateiro, chave ou petanca, entre outros. Houbo tamén xogos de animación.

Descargar todas as imaxes