A Concellería de Educación convida a máis de 200 nenos ó programa ”Escolares ó tren”
Douscentos escolares de oito centros educativos da cidade participarán o vindeiro xoves, 14 de marzo, na visita didáctica ”Escolares ó tren”, pertencente ó programa educativo ”Vigo por dentro” da Concellería de Educación.
Escolares de educación infantil de 5 anos poderán coñecer por primeira vez este medio de transporte nunha viaxe Vigo-Pontevedra, Pontevedra-Vigo onde, a través dun grupo de monitoras, recibirán todo tipo de explicacións sobre este transporte e o litoral da nosa cidade e das poboacións que a rodean. Esta visita didáctica promove unha observación directa e vivencial do tren e as estacións de ferrocarril de Vigo e Pontevedra onde, entre outros, se abordan os seguintes contidos:
-Persoal da estación e funcións que desenvolven
-Instalacións, andéns e vías que configuran a estación
-Interpretación de paneis informativos, sistemas de sinalización, billetes...
-Apetencia por viaxar en tren e respecto que conleva o uso deste servicio colectivo de transporte.
Os centros participantes neste programa da Concellería de Educación serán o CEI Nogal, Esc. Inf. O Xardín, C.E.I.P. Tintureira, C.E.I.P. Carrasqueira, C.E.I.P. Pintor Laxeiro, C. San Miguel II, C. Las Acacias e C.E.I.P. Mosteiro.