Escoitar

O Ifevi fai unha doazón económica á Residencia San Rafael

mércores, 13 mar 2002
O alcalde e presidente do Comité Executivo do Ifevi, Lois Castrillo, entregou esta mañá unha doazón económica de 1.000 euros ao director da Residencia San Rafael para realizar melloras nas súas instalacións. O Ifevi acordou doar un euro a esta asociación de interese social por cada felicitación de Nadal enviada o pasado ano polo instituto feiral.

O director do Ifevi, Rubén López, amosou a súa satisfacción e orgullo ao poder axudar a esta residencia que realiza dende hai anos en Vigo un meritorio labor. A achega económica será destinada a acondicionar unha zona de talleres que estaba deteriorada.