venres, 12 xul 2024
As persoas que queiran participar no pintando dun mural en Coia deben inscribirse antes do vindeiro mércores, 17 de xullo, na web municipal ou de forma presencial na Asociación de Veciños da Miñoca. A artista Vanesa Álvarez é a responsable da obra que se pintará na superficie do paseo de Coia, desde Praza América á rotonda de Alfageme.
venres, 12 xul 2024
Luz Casal subirase ao escenario de Castrelos o venres 2 de agosto ás 22:00 horas. Cada unha das 5.000 localidades terá un custe de 10 euros.
venres, 12 xul 2024
Abel Caballero anunciou este venres a aprobación pola Xunta de Goberno dunha batería de iniciativas destinadas a atender as necesidades de distintos colectivos desfavorecidos. Entre os acordos atópase a mellora das instalacións do albergue municipal, así como a contratación ata 2027 do servizo de atención sanitaria que prestará apoio á Unidade Asistencial á Drogodependencia de CEDRO, ademais da prórroga da atención psicolóxica aos menores cuxas nais son vítimas da violencia machista.
venres, 12 xul 2024
O Centro Municipal de Protección animal recibirá anualmente máis de 720.000 euros para prestar o servizo de recollida de animais extraviados ou abandonados. Alí aténdense de xeito permanente a 240 cans e 140 gatos, explicou o rexedor.
venres, 12 xul 2024
Abel Caballero visitou este venres os stands do Festival ARVI do Peixe, Vigo Seafest 2024, que se celebra durante toda a fin de semana co obxectivo de promover o consumo de produtos pesqueiros. As persoas asistentes poderán degustar as propostas culinarias de 14 chefs galegos e gozar da oferta de ocio para toda a familia do evento: showcookings, concertos, obradoiros e actividades deportivas .