Escoitar

O Concello adica máis de 720.000 euros anuais ao servizo de recollida de animais abandonados

O Centro Municipal de Protección animal recibirá anualmente máis de 720.000 euros para prestar o servizo de recollida de animais extraviados ou abandonados. Alí aténdense de xeito permanente a 240 cans e 140 gatos, explicou o rexedor.

venres, 12 xul 2024

O alcalde deu conta da adxudicación da contratación do servizo de recollida de animais extraviados e abandonados, así como da xestión de colonias felinas por un importe de 723.000 euros anuais. Tal e como explicou, o Rexistro Galego de Identificación e Animais de Compañía contabiliza en Vigo 39.000 cans e 160 colonias de felinos con máis de 7.000 gatos esterilizados.

Mensualmente, o Centro Municipal de Protección Animal acolle de xeito continuo a 240 cans e 140 gatos que son atendidos segundo fixa a lei de Protección Animal. O Centro municipal contará con servizos veterinarios, de lacería e coidadores durante as 24 horas do día Vigo, incluidos domingos e festivos.

 

Descargar todas as imaxes