luns, 5 mar 2018
O goberno local ven de colaborar na edición de "Jules Verne e o pesadelo de Xulia", un conto excepcional escrito pola xornalista Ana B. Gómez e que será distribuído por todos os centros educativos da cidade. O obxectivo é achegar aos estudantes de Infantil e Primaria á relación que este autor francés tivo con Vigo
luns, 5 mar 2018
Caballero anunciou este luns que a Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará esta semana a licencia solicitada para urbanizar unha parcela situada entre as rúas Barcelona e Zaragoza, á altura do cuartel da Garda Civil. Ademais, a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace ao contrato do servizo de seguridade e vixilancia en Cedro, a supervisión dos mercadiños e o mantemento das instalacións de calefacción e auga dos pavillóns.
luns, 5 mar 2018
Caballero presentou este luns a programación da Orquestra Clásica xunto ao seu director, Manuel Martínez. "É a formación decana de Galicia e cunha participación perenne no tecido cultural de Vigo", destacou o alcalde. O primeiro dos nove concertos será o vindeiro 15 de marzo no Auditorio Municipal e o Teatro García Barbón acollerá o último do ano, o Concerto de Nadal, o 29 de decembro.