venres, 9 mar 2018
A marcha Vigo móvese pola igualdade- Vigual, prevista este domingo 11 de marzo ás 11,30 h na Porta do Sol ven de ser aprazada polo Concello debido ao anuncio de alerta amarela decretado para esta fin de semana pola Axencia Estatal da Meteoroloxía (Aemet) e o 112. O Concello, a fin de garantir a seguridade dos participantes, intentará atopar nova data para esta acción na que xa había 1.653 inscritos dispostos a percorrer o centro da cidade nun evento non competitivo.
venres, 9 mar 2018
A Xunta de Goberno Local deu este venres o visto e prace á transferencia de financiamento do Concello de Vigo á Fundación MARCO. O alcalde, Abel Caballero, destacou que a achega municipal supón o 75 por cento do orzamento do museo e lembrou que tanto a Xunta de Galicia como o Ministerio de Cultura reduciron de forma importante as súas subvencións.
venres, 9 mar 2018
Este venres publicáronse no BOP as bases e convocatoria do programa municipal de estudos no Reino Unido e Irlanda. Informou o alcalde que as solicitudes poden presentarse do 12 ao 23 de marzo, ambos incluidos. O Concello eleva este ano a 750 as vacantes para alumnado de 3º de ESO.
venres, 9 mar 2018
Xunta de Goberno Local aprobou este venres o proxecto para construír unha nova pista de parkour no parque de Navia. Ademais, tamén foi aprobada unha nova fase da humanización de María Berdiales e as achegas para as asociacións AFAM e Solidariedade co Pobo Galego.
venres, 9 mar 2018
O rexedor visitou esta mañá a residencia de maiores que o grupo Ballesol ven de inaugurar en Gran Vía -no solar do antigo colexio Cluny, cunha superficie de case 6.000 m2. Durante a súa intervención, deulle á benvida a Vigo a este grupo empresarial e reiterou que as cidades teñen que ser deseñadas para nenos e maiores.
venres, 9 mar 2018
O alcalde e presidente de ProVigo abriu este venres a reunión coa Confederación de Países Exportadores de Lingua Portuguesa (CPLP), co obxectivo de ofrecer oportunidades de internacionalización ás empresas de Vigo e a súa área metropolitana.