mércores, 7 mar 2018
O Concello de Vigo celebrou este mércores un pleno específico do Consello Municipal da Muller con motivo da conmemoración do "8 de marzo, Día Internacional das Mulleres". Nove dos colectivos que integran o Consello Municipal foron os encargados de ler textos de mulleres pioneiras na defensa dos seus dereitos. O alcalde, Abel Caballero, amosou o seu apoio ao paro e á folga. <br />
mércores, 7 mar 2018
"Foi unha demanda compartida por todos os alcaldes e un logro de todos os concellos" destacou Abel Caballero. O Decreto Lei presentado este martes en Madrid polo secretario de Estado de Facenda será aprobado este mesmo mes de marzo.
mércores, 7 mar 2018
O goberno local ven de aprobar un investimento de 70.200 euros para a posta en marcha e o mantemento do observatorio socioeconómico de Vigo, unha ferramenta con información actualizada sobre o territorio, a demografía, a cultura ou a mobilidade da cidade. O obxectivo é que sirva de apoio para empresas ou emprendedores.
mércores, 7 mar 2018
O festival, que conta con máis de vinte bandas de diferentes estilos musicais, celebrarase os días 23 e 24 de marzo en dez salas de Vigo, o que animará "a coñecer e gozar da cidade". O concerto de presentación correrá a cargo das bandas Slowdive e Dead Sex este sábado 10 de marzo no Auditorio Mar de Vigo.