luns, 23 nov 2015
O alcalde e presidente da FEMP sinalou hoxe que 2,5 millóns de persoas poden quedar sen atención social por parte dos concellos coa entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local (LRSAL), polo que esixe garantías de que o 1 de xaneiro a norma non entre en vigor, xa que "unha carta do Secretario de Estado non basta e ao final serán os interventores os que decidan".
luns, 23 nov 2015
Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o próximo mércores 25 de novembro, o Concello celebrou este luns un Pleno específico do Consello Municipal da Muller no que participaron as asociacións e grupos que constitúen o ente expoñendo diversas análises sobre esta lacra e a forma de combatela. Abel Caballero declarou no comezo da sesión plenaria que a muller e a loita contra a violencia machista é un obxectivo transversal do seu goberno.
luns, 23 nov 2015
A capela ardente do poeta falecido este domingo en Vigo aos 92 anos permanecerá aberta ata as 17:00 horas da tarde deste luns na Casa da Cultura Galega, o espazo que o Concello habilitou para que a cidadanía puidera render homenaxe a un autor que o alcalde definiu como "poeta universal que facía a súa poesía dende as rúas de Vigo, de Madrid, de España para a cidadanía do mundo".
luns, 23 nov 2015
Cos votos a favor do grupo socialista e do grupo popular e coa abstención de Marea de Vigo, o Concello deu luz verde á nova denominación da rúa "Vanessa Lage Carreira" para a actual travesía de José Antela Conde e a súa inclusión no rueiro municipal. Así, a cidade rende homenaxe á axente de policía falecida en acto de servizo hai un ano durante o atraco a unha entidade bancaria. A votación desenvolveuse na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación celebrada este luns na que tamén se procedeu ao sorteo de formación das mesas electorais para as vindeiras Eleccións Xerais do 20 de decembro.