Abel Caballero pide a paralización inmediata da Lei de Reforma Local
O alcalde e presidente da FEMP sinalou hoxe que 2,5 millóns de persoas poden quedar sen atención social por parte dos concellos coa entrada en vigor da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local (LRSAL), polo que esixe garantías de que o 1 de xaneiro a norma non entre en vigor, xa que "unha carta do Secretario de Estado non basta e ao final serán os interventores os que decidan".
O Presidente da FEMP e alcalde de Vigo pediu novamente a paralización da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local (LRSAL) para evitar que o próximo 1 de xaneiro máis de "2,5 millóns de persoas en España queden sen asistencia social, sen políticas sociais, sen a atención á que teñen dereito como cidadáns e que prestamos os concellos". Lembrou ademais que a norma aprobada en 2013, elimina as competencias de políticas sociais dos municipios pasándoas ás Comunidades Autónomas, que non van asumilas, e para iso "só queda un mes e sete días".
Abel Caballero lembrou que o Secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, remitiu unha carta indicando que a norma non entraría en vigor ata que non estivese pechado un sistema de financiamento autonómico e local. Pero, dixo, esta non é suficiente garantía: "unha carta do Secretario de Estado e un informe do avogado do Estado din que a lei non entrará en vigor; pero tamén teño a visión dos interventores municipais que din que que o vai decidir é cada un deses milleiros de interventores que hai en España". Por iso demanda que a derrogación quede recollida nun decreto porque "queremos o 100% de garantías".
O rexedor e presidente da FEMP engadiu que cuestións como as bolsas de comedor, a axuda no fogar, axudas para o aluguer de vivendas, subministros enerxéticos ou alimentación deixarán de prestarse co funcionamento da norma. Tamén apuntou que acabarán outros como programas como o respiro familiar en atención a dependentes; programas de maiores e centros de día, teleasistencia, albergues ou atención a mulleres vítimas de violencia de xénero polo que "vai supoñer un grande impacto". Por iso, mañá, na reunión que vai manter a Xunta de Goberno da FEMP, solicitará a unanimidade para pedir que a Lei non entre en vigor.
Descargar todas as imaxes