Concello e Deputación inician "unha nova etapa" coa sinatura dun protocolo de colaboración "histórico"
O alcalde e a presidenta da Deputación rubricaron este venres un texto "moi importante", en verbas de Caballero, ao abrir "unha nova etapa, unha nova forma de relación e proximidade entre a Deputación e a cidade". O protocolo establece o marco de cooperación para investimentos provinciais en Vigo, que incluirán á rede museística e a promoción aeroportuaria.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación de Pontevedra e tamén primeira tenente de alcalde viguesa, Carmela Silva, asinaron este venres un protocolo de colaboración, definido por ambos como "histórico" e "moi importante" ao abrir "unha nova etapa" na relación entre ambas institucións.
Abel Caballero salientou que, "por primeira vez na historia, a Deputación está en Vigo", mediante un texto que delimita "unha nova forma de relación e proximidade" entre a administración provincial e a cidade de Vigo. A sinatura desta mañá é un "símbolo" ao significar o acto "moito máis que un protocolo". Carmela Silva, pola súa banda, valorou que é "de xustiza" que Vigo, como "corazón" de Galicia, teña recoñecida a actuación da Deputación nun acordo marco e expresou como viguesa a súa "inmensa emoción política pero tamén personal" por telo levado adiante.
A preguntas dos xornalistas, Caballero explicou que a colaboración pasa por investimentos en materia de deporte, humanizacións, cultura ou turismo. O protocolo será desenvolvido mediante convenios anuais que singularizarán as actuacións, mais xa adiantaron a participación provincial na rede museística viguesa e na promoción do aeroporto de Vigo.
Descargar todas as imaxes