venres, 20 novembro 2015

Abel Caballero anima á cidadanía viguesa a acudir á festa de exaltación da centola do Grove

venres, 20 nov 2015

O alcalde presentou este venres no MARCO as XIII Xornadas Gastronómicas de Exaltación da Centola do concello do Grove, que se celebran dende hoxe e ata o 8 de decembro cun programa amplo de actividades, que destacou como unha iniciativa interesante á que convida a todo Vigo a asistir. No acto, Abel Caballero estivo acompañado pola presidenta da Deputación da Coruña, Carmela Silva, e por José Antonio Cacabelos e Emma Torres, rexedor e concelleira de turismo do Grove respectivamente.

I Concurso "Musicando a Rosalía"

venres, 20 nov 2015

A Concellería de Xuventude organiza o concurso "Musicando a Rosalía" co obxectivo de achegar a sua obra poética á xuventude e que premiará a creación musical feita en lingua galega como homenaxe á nosa poetisa máis representativa .

Campaña "De Boa Man"

venres, 20 nov 2015

A Concellería de Política de Benestar vai levar a cabo a campaña "DE BOA MAN", na súa XV edición os vindeiros días 1,2, 3 e 4 de decembro de 2015.O proxecto consiste na exposición e venta de produtos feitos por asociacións de persoas con discapacidade. <br />