I Concurso "Musicando a Rosalía"
A Concellería de Xuventude organiza o concurso "Musicando a Rosalía" co obxectivo de achegar a sua obra poética á xuventude e que premiará a creación musical feita en lingua galega como homenaxe á nosa poetisa máis representativa .
O sitio web no que se publicará todo o relacionado co concurso é www.vigosonico.org. Nel publicaranse as bases do concurso, os formularios de inscrición e aloxará as cancións presentadas a concurso para a súa audición. Tamén permitirá a votación por parte do público que terá que rexistrase para poder votar.
O período de inscrición e achega das obras será dende o día seguinte á publicación das bases e ata o 15 de febreiro de 2016.
Os premios consistirán en:
1. Gravación e edición dun disco recopilatorio de todos os temas elixidos como finalistas.
As composicións finalistas elixidas polo xurado e votación popular gravaranse en estudio e formarán parte dun cd conmemorativo publicado polo Concello de Vigo.
Deste cd farase unha edición de 1000 copias, a repartir entre todas as formacións.
2. Actuacións ao vivo dos/as finalistas e do/a gañador/a.
As formacións musicais/solistas que resulten elixidas finalistas e gañador/a, actuarán en vivo nunha data próxima ao 17 de maio de 2016, co pagamento dunha remuneración de 500 € por actuación agás o/a gañador/a do concurso que recibirá 1.000 €.
Descargar todas as imaxes