Escoitar

O goberno de Vigo aproba axudas por 37.000 euros para ámbito social, deportivo e laboral

Tal e como informou Abel Caballero, a Xunta de Goberno Local celebrada este venres acordou conceder apoio económico a empresas para a contratación e mellora do emprego para a mocidade e tamén ao Banco de Alimentos de Vigo para respaldar a súa función social, ademais de subvencionar a celebración en Vigo da Festa do Iudo Infantil.

venres, 20 nov 2015
O alcalde deu conta este venres dos principais asuntos abordados pola Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá, entre os que singularizou o convenio co Banco de Alimentos para apoialos con case 14.000 euros. Segundo explicou, o Concello achega á entidade un total de 63.000 euros en distintos conceptos, incluidos o pago do aluguer da nave na que operan.

Ademais, o goberno da cidade abríu un liña da convocatoria deste ano para a contratación e mellora do emprego para a mocidade viguesa. Caballero explicou que se conceden 13.000 euros a empresas que fixeron novas contratacións, dun programa que en total adica 100.000 euros ao efecto.

Por último, o alcalde vigués avanzou que o Concello apoiará con 10.000 euros para a celebración en Vigo da XXIII Festa do Iudo Infantil, que terá lugar o próximo 13 de decembro no Pavillón das Travesas e que reúne a miles de deportistas de entre 4 e 14 anos de idade.