A Corporación aproba a denominación da nova rúa "Vanessa Lage Carreira"
Cos votos a favor do grupo socialista e do grupo popular e coa abstención de Marea de Vigo, o Concello deu luz verde á nova denominación da rúa "Vanessa Lage Carreira" para a actual travesía de José Antela Conde e a súa inclusión no rueiro municipal. Así, a cidade rende homenaxe á axente de policía falecida en acto de servizo hai un ano durante o atraco a unha entidade bancaria. A votación desenvolveuse na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación celebrada este luns na que tamén se procedeu ao sorteo de formación das mesas electorais para as vindeiras Eleccións Xerais do 20 de decembro.