luns, 6 maio 2013

Caballero eloxia o traballo da Fundación Menela coa que o Concello colabora coa cesión de instalacións e 15.000 euros

luns, 6 mai 2013

O alcalde achegouse hoxe luns ata as instalacións do Centro de Educación Especial Menela, que traballa con nenos e nenas con autismo. Caballero reiterou a súa vocación de seguir a cooperar una entidade que fai un traballo "exepcional" á que na actualidade lle cede o pavillón de Coia para realizar actividades de educación física, ademais do convenio para a posta en marcha do Programa Respiro Familiar, dotado de 15.000 euros.

XXI Xornadas de Filosofía

luns, 6 mai 2013

A Concellería de Cultura e Festas e mailo grupo Aletheia-Vigo organizan as XXI Xornadas de Filosofía, que terán lugar no Auditorio Municipal do Concello os días 8, 9 e 10 de maio, de 16,30 h a 21,00 h. As xornadas, baixo o título "Albíscase unha nova etapa histórica?". Claves para abordar o futuro", contarán con conferencias sobre o progreso moral, a crise, as reformas do mercado laboral e o desemprego, etc. Os conferenciantes serán Javier Muguerza, Jesús Mosterín, Francesc de Carreras, Antón Costas Comesaña, Ubaldo Martínez Veiga e Félix Ovejero Lucas.

Concerto de piano a catro mans

luns, 6 mai 2013

O martes 7 de maio, ás 20,00h, terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1), un concerto de piano a catro mans a cargo de Lilya Zilberstein e Pablo Galdo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.