Escoitar

O pavillón de Bouzas encherase na Festa Infantil do Kárate, con 300 nenos e nenas e nove entidades da cidade

Trescentos nenos e nenas de catro clubs, catro colexios e as escolas deportivas municipais da cidade mostrarán este sábado as súas habilidades no pabellón de Bouzas, dentro da XXVI Festa Infantil do Kárate, que comezará ás 17:00 horas e que promete un cheo absoluto.

venres, 3 mai 2013
A Agrupación Deportiva Zanshin, presidida por Fernando Álvarez, organiza por cuarto ano consecutivo en Bouzas este tradicional evento. O Concello colabora con esta xornada de exhibición dos valores do kárate cedendo a instalación deportiva.

Os equipos de defensa persoal, entre os 5 e os 17 anos, exhibirán as súas habilidades en categorías prebenjamín, benjamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil e sempre en competición mixta, outro acerto desta cita do kárate vigués na que participan a A.D. Zanshin, o Shotokan, Okinawa e Traviesas, ademais das escolas deportivas do IMD e os colexios Doblada, Mariano, Compañía de María e San Salvador de Teis.

Como cada ano, a defensa persoal complementarase con exhibicións de kobudo ou tai-chi, entre outras actividades programadas.