Caballero asina convenios de colaboración coas Corais Polifónicas e as Bandas de Música Populares
O alcalde rubricou este xoves sendos convenios coa Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) e coa Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, 150.000 euros en total para "apoiar o funcionamento das corais e das bandas", que involucran a máis de 3.000 persoas na cidade.
Abel Caballero asegurou que as corais representan un movemento "cultural, musical e social da maior importancia" que permite "un modo de manterse activos" ás persoas maiores. No tocante ás bandas, "nos queremos implicar cada vez máis" por ter Vigo "un número singular" de agrupacións de calidade "no rango galego e español".
Descargar todas as imaxes