O Concello colabora na celebración da terceira edición de DecaBike, a festa da bicicleta
O goberno local colabora con Decathlon, organizadora do evento, na celebración o próximo domingo, 5 de maio, da terceira edición do DecaBike, unha gran festa da bicicleta cun percorrido de 10 quilómetros con inicio en Samil e final en Balaídos, ademais de actividades complementarias no areal vigués.
Baixo o lema "Pedaleamos Xuntos", DecaBike celebrará o próximo domingo, 5 de maio, a súa terceira edición en Vigo, incluíndo un percorrido de 10 quilómetros con inicio, ás 10 horas, desde Samil e remate en Balaídos.
O Concello de Vigo colabora coa organización neste evento, que procura promover o uso da bicicleta, preservar o medioambiente e fomentar a práctica deportiva entre a cidadanía, e que deu cita o pasado ano a preto de 1.500 participantes.
O traxecto a percorrer polos inscritos nesta carreira non competititva será a Avda. Samil, rúa do Río, Camiño dos Muiños, Ricardo Mella, Camiño do Caramuxo, Avda. Florida, Avda. Alcalde Portanet, Avda. Castrelos, Avda. Balaídos e finalización na rúa Olímpicos. Ao remate da marcha, Samil acollerá distintas actividades como un taller de axuste de bicicletas, exhibicións e cursos de seguridade viaria, entre outras.
Descargar todas as imaxes