O Concello entrega material didáctico ao colexio Mosteiro Bembrive pola súa participación nun proxecto de eficiencia enerxética
O alcalde achegouse hoxe xoves ao colexio público Mosteiro Bembrive que, xunto con outros dous centros da cidade, forma parte dun proxecto europeo que pretende concienciar aos máis novos sobre o medio ambiente. O obxectivo desta iniciativa, que tamén se desenvolve en Nantes, é alcanzar un aforro enerxético do 20%.
Abel Caballero acudiu este xoves ao centro Mosteiro Bembrive para facer entrega de material por valor de mil euros pola "participación activa" do colexio, profesores e alumnado, nun proxecto europeo de eficiencia enerxética. Concretamente, os alumnos poderán disfrutar dun ordenador HP, libros, así como xogos didácticos como un helicóptero solar ou unha estación meteorolóxica. O centro participa nesta iniciativa a través de FAIMEVI, a Axencia Municipal de Enerxía, e xunto a catro entidades francesas, para sensibilizar sobre a eficiencia enerxética e reducir o consumo.
Cun importe total dun millón de euros, dos que 200.000 proceden da Axencia presidida polo alcalde, esta iniciativa se implementa desde 2011 en distintos centros de Vigo e Nantes (Francia) coa finalidade de implicar ao profesorado e alumnado no aforro de enerxía eléctrica, térmica e de auga.
En Vigo participan o colexios Párroco Don Camilo, Mosteiro Bembrive e Sárdoma-Moledo, ademais do VERBUM e de dous centros deportivos dependentes da Universidade de Vigo. Nestes recintos se instalaron sensores e ordenadores para monitorizar o consumo enerxético, coa participación activa de alumnos e mestres para tratar de reducir o gasto nun 20%. Nunha competición de carácter simbólico, sen gañadores nin perdedores, cruzaranse os rexistros obtidos polos edificios franceses e vigueses.
Os colexios participantes neste proxecto vencellado ás Smart Cities -cidades intelixentes- reciben material didáctico. En setembro, ao remate do mesmo, elaboraranse unhas conclusións, recomendacións e medidas a implementar que serán distribuidos en Europa.
Descargar todas as imaxes