APROBACION INICIAL DO PERI A-04-1 BARRIO DO CURA, EXPEDIENTE 12403/411
A Xunta de Goberno Local do Excmo. Concello de Vigo, na sesión extraordinaria e urxente do día 19 de abril de 2013, adoptou o seguinte acordo:
"PRIMEIRO: Aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior Barrio do Cura, consonte a documentación elaborada polo arquitecto Alfonso Penela Fernández con data 4 de abril de 2013 e demais documentos anexos.
SEGUNDO: Ordenar a apertura dun período de información pública polo prazo dun mes mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e en dous dos diarios de maior difusión da provincia, e notificar de forma individual e simultánea aos propietarios dos terreos afectados.
TERCEIRO: Publicar o acordo de aprobación inicial e apertura do período de información pública na páxina de internet municipal.
CUARTO: Recabar informe sectorial da Consellería de Educación e Cultura da Xunta de Galicia".
Durante o período de exposición pública, o expediente atoparase a disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de Información da Xerencia de Urbanismo (situado na planta baixa do edificio da Xerencia municipal de urbanismo, praza de El-rei, s/n), de luns a venres, en horario de 9,00 a 13,30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións estimen convenientes.