Escoitar

O goberno de Vigo elaborará unha ordenanza de accesibilidade para que sirva como "modelo para toda España"

O alcalde, Abel Caballero, mantivo este venres unha reunión cos responsables da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) tras a que anunciou a elaboración, conxuntamente coa entidade, dunha nova ordenanza de accesibilidade chamada a ser referencial a nivel estatal.

venres, 3 mai 2013
1367594071cogami.JPG
O Concello de VIGO elaborará unha ordenanza municipal de accesibilidade coa vocación de que sirva como "modelo para toda España", en colaboración coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, Cogami.

Así o anunciou este venres en rolda de prensa o alcalde da cidade, Abel Caballero, tras reunirse con responsables de Cogami. Caballero sinalou que este colectivo solicitou ó Concello que se preste atención á promoción do emprego para persoas discapacitadas, para o que se elaborará un "proxecto conxunto".

Así mesmo, traballarase na redacción dunha ordenanza de accesibilidade na que se recollan os criterios que deben cumprir nese ámbito os edificios públicos e privados, así como outros espazos na cidade. "Xa temos uns requisitos bastante esixentes, pero imos darlle forma a esta ordenanza", sinalou Caballero.

O alcalde tamén explicou que serán os propios usuarios con discapacidade os que informarán o Concello do cumprimento da ordenanza.
Descargar todas as imaxes