Escoitar

Concerto de piano a catro mans

O martes 7 de maio, ás 20,00h, terá lugar no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, 1), un concerto de piano a catro mans a cargo de Lilya Zilberstein e Pablo Galdo, que conta coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

luns, 6 mai 2013
1367492872concertoacatromanas.jpg
Pablo Galdo ofreceu concertos en máis de 28 países, en lugares destacados como o Carnegie Hall de Nova York, Academia Franz Liszt de Budapest, Centro das Artes de Hong Kong, Museo Pushkin de Moscú e Academia Frédéric Chopin de Varsovia, entre outros. Comparte escenario con grandes músicos como Zoltán Kocsis e Imre Rohmann, en dúo a catro mans. Pablo Galdo gravou un DVD para a produtora Iris, e dous CDs para Mans.

Lilya Zilberstein obtivo o primeiro premio na competición Busoni en Bolzano no ano 1987, o que lle concedeu a oportunidade de dar xiras de concertos por todo o mundo, con grandes orquestras como a Orquestra Filharmónica de Berlín e destacados directores como Claudio Abbado, con quen formou unha longa relación de colaboracións. Tamén acostuma compartir escenario tocando a 2 pianos coa lexendaria pianista Martha Argerich. Lilya Zilberstein gravou discos para Deutsche Grammophon, EMI e Hänssler Classic.

O programa que interpretarán será o seguinte:

W. A. Mozart (1756-1791) - Sonata para piano a catro mans en Re maior, K.381/123a

J. Brahms (1833-1897) - 16 valses, Op.39

S. Rachmaninov (1873-1943) - 6 pezas, Op.11

Barcarola
Scherzo
Tema ruso
Vals
Romanza
Gloria


M. Ravel (1875-1937) - Ma Mère l'Oye (Mamá Oca)

I. Pavane de la Belle au bois dormant (Pavana de la "La bella durmiente")

II. Petit Poucet ("Pulgarcito")

III. Laideronnette, Impératrice des pagodes ("Niñita fea", Emperatriz das Pagodas)

IV. Les entretiens de la Belle et de la Bête (Conversa de "La bella y la bestia")

V. Le jardin féerique (O xardín encantado)

As entradas poderán adquirirse a través do servizo de Servinova, na Central de Espectáculos e no despacho de billetes do auditorio (o día do concerto, dende unha hora antes do seu comezo), a un prezo de 10€
Descargar todas as imaxes