luns, 22 setembro 2008

Obradoiro de Autodefensa Feminista

luns, 22 set 2008

A concellería de Igualdade organiza un obradoiro de autodefensa feminista para mulleres que traballan con mulleres. Trátase dunha formación difícil de atopar no territorio galego, e que se considera oportuno para o currículo das profesionais do eido do xénero. O obradoiro celebrarase os días 6 e 7 de outubro. Esta actividade vai dirixida, preferentemente, a asociacións e colectivos de mulleres.

Anuncio de Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa San Xosé

luns, 22 set 2008

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar <br /> pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa San Xosé, treito entre Travesía de <br /> Vigo e Numancia, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 22 de setembro de 2008 ás 10:00 <br /> horas e por un período aproximado dunha semana.