mércores, 24 setembro 2008

A humanización de Eugenio Kraft estará rematada antes do nadal

O alcalde de Vigo presentou este mércores a primeira fase da humanización da rúa Eugenio Kraft, en Balaídos, unha obra con máis de 200.000 euros de orzamento que estará rematada antes de final de ano, tal e como indicou o propio Abel Caballero. Os traballos xa se iniciaron en setembro e hoxe en día xa están realizadas as catas e a demolición da parte superior da rúa, que finaliza na Avenida da Florida.

O Concello oferta 4.000 prazas nas escolas deportivas municipais coa novidade de cursos para adultos

mércores, 24 set 2008

O vindeiro 1 de outubro comezan as escolas deportivas municipais, que ofertan unhas 4.000 prazas entre as destinadas a nenos e nenas nacidos entre 1992 e 2002 (aínda que tamén hai algunhas disciplinas ata os 18 anos) e os novos cursos para adultos. O primeiro prazo para inscribirse está aberto ata o día 26 en todas as modalidades para antigos e novos alumnos, mentres que o de adultos, unha das novidades do programa, tamén está aberto ata o día 26 deste mes.