martes, 23 setembro 2008

Nova brigada municipal de adecuación das zonas verdes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado da concelleira do departamento, Raquel Díaz, e o concelleiro de Emprego, Santos Héctor, presentaron este martes aos 15 integrantes dunha nova brigada para a adecuación das zonas verdes municipais. O persoal procede dos programas de cooperación do Concello coa Xunta de Galicia, ao amparo do Plan Municipal de Emprego. <br />

A presenza en Vigo da Agrupación Europea de Cooperación Territorial é unha "vía directa de canalización de proxectos con Bruxelas"

martes, 23 set 2008

Así definiu este martes o alcalde de Vigo a constitución na cidade da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), que converte a Vigo no "corazón da Eurorrexión" Galicia Norte de Portugal. Segundo os datos facilitados por Abel Caballero, a Agrupación xestionará na cidade en torno a 200 proxectos, moitos deles "ligados a Vigo", e tramitará 97 millóns de euros de fondos comunitarios.

O alcalde recibe ao atleta vigués gañador de 7 medallas nas olimpíadas de policías e bombeiros

martes, 23 set 2008

Na edición de 2008 celebrada en Liverpool este mes de setembro, Alberto Costas acadou dúas medallas de ouro, en 4x400 Relay e 400 individual; outras dúas de prata, nas distancias de 800 e 5.000 metros; e tres metais máis de bronce, en 200 e en 1.500 metros e en 5 quilómetros Road. Abel Caballero felicitou ao bombeiro polos seus resultados e o animou a continuar coa súa paixón.

Curso de formación en "Habilidades sociais desde a intelixencia emocional"

martes, 23 set 2008

A FAVEC organiza curso gratuíto de 30 horas para todas aquelas persoas interesadas en coñecer e potenciar as súas habilidades sociais. Este curso formativo que leva por título: "Habilidades sociais desde a intelixencia emocional" está subvencionado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, dentro do proxecto "Construíndo Futuro".