xoves, 25 setembro 2008

O alcalde abríu en Huelva unha xornada sobre as cidades e a sustentabilidade

Abel Caballero participou nas Xornadas de Formación Continua organizadas pola Federación Andaluza de Municipios e Provincias en calidade de alcalde e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima. O rexedor participou na inauguración e moderou o debate, que se centrou na súa maior parte na necesidade de enfocar os plans urbanísticos municipais na sustentabilidade.

A Axencia da Enerxía xestionará a planta fotovoltaica que a Consellería de Vivenda construirá en Navia

xoves, 25 set 2008

A Axencia da Enerxía de Vigo asumirá a xestión e explotación da planta solar fotovoltaica que a Consellería de Vivenda instalará na nova zona verde de Navia, segundo anunciou hoxe o tenente de alcalde e presidente da Axencia da Enerxía ao remate da xuntanza do seu padroado. A instalación xerará electricidade mediante paneis solares para inxectala directamente na rede de distribución eléctrica.

O Infobús de Xuventude sae mañá de novo á rúa

xoves, 25 set 2008

Este venres sairá a rúa novamente o Servizo de Información Xuvenil Móbil da Concellaría de Xuventude de Vigo. No Infobús poderase tramitar o novo carne xove (de 12 a 30 anos) ou solicitar información referente a estudos, emprego, actividades de ocio ou calquera outro tema de interese para a mocidade.