Escoitar

VIDE oferta co carné de Siareiros elite 164 partidos dos equipos de Vigo

A Fundación VIDE presentou hoxe a nova oferta deportiva de elite para a tempada 2008/09 . A tarxeta de abonado suporá que calquera socio do carné siareiro de elite poderá acceder durante setembro a xuño a un mínimo de 164 partidos que os equipos vigueses programarán como locatarios.

luns, 22 set 2008
1222089400vide1.jpg
O carné, que axuda aos clubs de elite a fortalecer a súa masa social (e por extensión a de VIDE) e a recibir cantidades extras da Fundación polo número de socios conseguidos, custa un mínimo de 15 euros (infantil, menores de 13 anos) e un máximo de 150 € (unidade familiar, que comprende o titular máis catro membros), custando o de adulto 95 euros (a partir de 21 anos). Os estudantes matriculados na Universidade tamén terán un prezo especial: 40 euros.

Para esta campaña, na que tamén interveñen os clubs de base (o custo do carnet base é de 6 €) decidiuse conxelar os prezos dos abonos aínda cando o IPC interanual (de agosto de 2007 a agosto de 2008) subiu un 4,9%.

Os prezos do abono elite son:

INFANTIL (hasta 12 anos): 15 €
XUVENIL (hasta 21 anos): 40 €
UNIVERSITARIO: 40 €
XUBILADO (a partir dos 65 anos): 40 €
ADULTO: 95 €
FAMILIAR: 150 €











1222089400vide1.jpg
1222089403vide1.jpg
1222089518vide1.jpg
Descargar todas as imaxes