venres, 11 mai 2007
O grao de concienciación dos vigueses con respecto a cuestións como o consumo responsable de auga e enerxía e a xeración de residuos aumenta do casco urbano ao rural e canto menor é a idade, segundo se desprende do informe "Hábitos de consumo da cidadanía viguesa", emitido polo Valedor do Cidadán.
venres, 11 mai 2007
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, deu hoxe venres ás 11.00 horas a saída do Correlingua 2007, unha actividade que desenvolve de xeito regular desde o 2000 e que consiste en 10 carreiras que se celebran en 10 vilas de Galiza. Prevese que este ano participen preto de 40.000 rapaces e rapazas, procedentes da maioría de centros educativos de todo o país.
venres, 11 mai 2007
A alcaldesa visitou o xardín do "Arco Iris", obsequio da cidade portuguesa de Ponte da Lima, emprazado no barrio de Coia e que reproduce as cores do arco iris e representa a explosión da primaveira.
venres, 11 mai 2007
Continúan os Castroconcertos coa actuación dos grupos L. CSAR & LK POLAKO e EL ENIGMA, a partires das 22:30h o sábado 12 de maio e o domingo de 10 a 11h haberá Tai Chi ao aire libre.
venres, 11 mai 2007
<br />
O sábado 12 de maio, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), a partires das 19:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar un festival de música emerxente denominado "Pelexando á contra". Trátase dun festival organizado por xente moza, en colaboración coa Concellería de Xuventude de Vigo no que participarán diferentes músicos e formacións musicais da cidade.
venres, 11 mai 2007
Despois de percorrer con grande éxito varias prazas e rúas da cidade, o vindeiro sábado 12 de maio, o programa de animación de rúa da Concellería de Xuventude "Emprázate" ocupará a rúa Peonil do Calvario para transformala nun gran circo cheo de actividades que farán as ledicias do público de todas as idades.
venres, 11 mai 2007
O domingo 13 de maio, na SalaA! (Avda. Beiramar, 113), de 17:00 a 20:00 horas, dentro do espazo "Sala Ábrete", terá lugar unha gran festa ambientada en Uruguai. A entrada será gratuíta e a sala estará decorada con motivos típicos dese país.
Benestar Social
venres, 11 mai 2007
As solicitudes presentaranse do 7 de maio ao 14 de maio (ámbolos dous inclusive) de luns a venres de 9.00 ás 13.30 horas nas seguintes Unidades Básicas de Acción Social (UBAS):