"Emprazate " no Calvario
Despois de percorrer con grande éxito varias prazas e rúas da cidade, o vindeiro sábado 12 de maio, o programa de animación de rúa da Concellería de Xuventude "Emprázate" ocupará a rúa Peonil do Calvario para transformala nun gran circo cheo de actividades que farán as ledicias do público de todas as idades.
![1178881592emprazate.jpg 1178881592emprazate.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1178881592emprazate.jpg)
Emprázate contará con diferentes actividades que pretenden, ademais de divertir e dinamizar as nosas prazas e rúas, achegar ao público vigués a novas alternativas de ocio coma a arte do novo circo, a través de espectáculos aos que normalmente non se ten acceso, e fomentar a participación interxeneracional nos espazos públicos da cidade.
O espectáculo, patrocinado pola Concellería de Xuventude de Vigo, terá lugar entre as 17:00 e as 19:00hs., espazo no que se realizarán pasarrúas, obradoiros de globoflexia, clown, bolas, mazas, diábolos, cariocas ou swing e monociclos.
Para o desenvolvemento deste proxecto, a Concellería de Xuventude conta coa colaboración da Asociación de Malabares e Artes Circenses Malandraxe, entidade formada por un número importante de mozos e mozas da cidade relacionados co mundo do espectáculo, sobre todo no eido dos malabares, o circo, a maxia, animación de rúas, etc.
Para máis información: Casa da Xuventude (López Mora, 31), Tfno. 986 294 806
Descargar todas as imaxes