Escoitar

Actividades para a xente moza nas "Noites Vivas"

A Concellería de Xuventude convida a todas as mozas e mozos a participar na gran variedade de actividades que nas Tardes e Noites Vivas teñen á súa disposición en diferentes puntos da cidade.

xoves, 10 mai 2007
1178802727vivas.jpg
Venres 11 de maio

-No Pavillón Instituto O Castro (rúa J.G. Posada Curros, 1): Obradoiros de bonsais. Tatuaxes de henna. Tai-chi. Reflexoterapia podal. Pachanga nocturna ao aire libre e Xogos de mesa. Entre as 22.00 e a 01.00 h.
-Na Asociación Xuvenil Cancerbero (R/ Heraclio Botana, 6 - Baixo esquerda): Rol en Vivo. Entre as 22.00 e as 02.00 h.
-No Pavillón do Berbés (R/ Xacinto Benavente, 1): Bailes latinos. A Cociña das especies. Punto e café. Musculación e squash e baloncesto "Vigo en xogo". Entre as 23.00 e a 01.30 h.
-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ó carón da pista de bicicletas): Libretas de refugallo. Danza oriental. Iniciación ao teatro. Liga de xogos en rede. Internet, chat, messenger, bluetooth e wifi. Espazo aberto. Dardos electrónicos. Entre as 17.00 e as 23.00h.
-Na Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia (r/ Marín, 1): acceso a internet gratuíto dende as 19.00 ata as 22.00 h.
-No Pavillón de Coia (Avda. Castelao s/n): Actividades deportivas: fútbol sala. Iniciación á cultura galega (Baile, Pandeireta,...). Iniciación ao Coiro. Dardos. Entre 23.00 e a 01.00 h.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (r/ Venezuela, 3 Baixo): Faino ti mesmo: carteiras de cómic e carteiras de coiro. Obradoiro de break dance. Curso HTML: deseña a túa páxina web II. Acceso a internet. Sala Multiusos. Entre 17.30 e 23.30 h.

Sábado 12 de maio

-No Pavillón Instituto O Castro (R/ J.G. Posada Curros, 1). Capoeira. Bailes: bachata. Trenzas do pelo. Masaxes Eróticos. Pachanga nocturna ao aire libre. E xogos de mesa. Entre 22.00 e a 01.00 h.
-No Pavillón do Berbés (R/ Xacinto Benavente, 1): Pilates. Postres de chocolate. Obradoiro de gomaespuma. Musculación e squash e baloncesto "Vigo en xogo". Entre 22.15 e 01.30 h.
-No Espazo Xove do Castro (Monte do Castro, ó carón da pista de bicicletas): Libretas de refugallo. Iniciación a Break dance. Liga de xogos en rede. Internet, chat, messenger, bluetooth e wifi. Espazo aberto. Karaoke. Dardos electrónicos. Castroconcertos. Entre 17.00 e as 01.00 h.
-Na Asociación Xuvenil Abertal (R/ Venezuela, 3 Baixo). Faino ti mesmo: carteiras de cómic e carteiras de coiro. Café tertulia: conversas en inglés. Obradoiro de danza moderna. Acceso a internet. Sala multiusos. Entre 18.00 e as 23.30 h.
-Na Sala A! (Avda. Beiramar, 113) Sala Ábrete: Festival Emerxente. A partir das 19.00 h.

As actividades se desenvolven entre as 17:00 e as 2:00 horas, segundo o espazo, podéndose consultar máis información na Casa da Xuventude no 986 294 806 ou na web www.xuventudevigo.org
Descargar todas as imaxes