Inauguración da exposición do festival IMAXINA SONS'07
O xoves, día 10 de maio, a partires das 20.30 horas, inaugurarase oficialmente na Casa de Arines a exposición "Historia gráfica do jazz en Portugal-Capítulos". A exposición enmárcase na programación do Festival Imaxina Sons que organiza a concellería de Cultura.
Asistirán Ignacio López-Chaves Castro, concelleiro da Área de Asuntos Sociais e Samuel Rego, director do Instituto Camoes, entidade colaboradora neste proxecto. Presentará e comentará a exposición o profesor José Duarte.
O contido da exposición é unha colección completa de carteis de festivais de jazz portugueses, dende o 25 de abril de 1974 até a actualidade. A través dos carteis, faise un percorrido exhaustivo pola Historia do Jazz en Portugal e se contextualiza no ámbito internacional, incluindo a súa presenza no festival Imaxina Sons. A colección pertence á Universidade de Aveiro.
Porase a disposición dos visitantes varios ordenadores nos que poderán consultar os links dos diferentes festivais portugueses presentes na exposición. Ésta poderá visitarse de forma gratuita, até o 1 de xullo, en horario de 17.30 horas a 20.30 horas (luns a venres).
Descargar todas as imaxes