A Policía Local e os bombeiros contan cun novo Centro de Coordinación de Comunicacións
O concelleiro de Seguridade, Antonio Coello, presentou hoxe martes o novo Centro de Coordinación de Comunicacións da Policía Local e dos bombeiros, co que se procura resolver os incidentes da forma máis áxil e eficiente posible e coordinando todos os recursos dispoñibles.
Este novo Sistema de Xestión de Comunicacións (Sigescom) adxudicouse en decembro de 2005 e supuxo un investimento de 197.000 euros. Con el preténdese dar unha resposta máis rápida ás chamadas recibidas pola Policía Local e os bombeiros, que contaban ata agora cun sistema de comunicacións analóxico falto de flexibilidade, ao teren os operadores diferentes terminais e equipos, asignados de forma ríxida e sen integrar. Isto provocaba unha carga excesiva de traballo para os operadores, tempos de resposta elevados e dificultades para a coordinación e mobilización de recursos.
Sigescom ofrece comunicacións integradas nun PC operador que recolle voz e datos, e conta, ademais, con sofware de xestión con informatización en tempo real dos datos relativos á tramitación e resolución de cada incidente, software de axuda para o seu seguimento e resolución e histórico e estatístico de incidentes e intervencións para a súa posterior análise e presentación de reslutados.
A xestión das chamadas recibidas a través de Sigescom iníciase coa notificación do suceso ou incidente, seguida da súa situación exacta nun plano, toma de datos e clasificación. A continuación realízase unha proposta de actuación e asígnanselle os recursos máis axeitados de entre os dispoñibles. A actuación continúa coa mobilización dos recursos con instrucións e informacións precisas para os operativos e finaliza co seguimento, peche e histórico de intervencións e as estatísticas e informes de actuacións.
Descargar todas as imaxes