Escoitar

Air Nostrum estuda a posibilidade de abrir novas rutas a Sevilla, Alacante, Xerez e Milán

A alcaldesa, Corina Porro, entrevistouse hoxe mércores no seu despacho co conselleiro-delegado de Air Nostrum, Carlos Bertomeu. No encontro estivo presente tamén Rubén López, xerente da Fundación Provigo, que neste momento negocia con Air Nostrum a posibilidade de abrir novas rutas desde Vigo a Sevilla, Alacante, Xerez e Milán.

mércores, 9 mai 2007
1178715738airnostrum090507.jpg
Actualmente Air Nostrum está operando as rutas Vigo-Bilbao e Vigo-Valencia, nas que moven cada ano máis de 100.000 pasaxeiros.

Air Nostrum é unha das tres maiores compañías rexionais de Europa e unha das 15 maiores do mundo. A súa base está en Valencia e opera fundamentalmente rutas de media densidade de tráfico, utilizando avións de menos de 100 prazas.

En conxunto, Air Nostrum ten unha flota de 70 avións, coa que transporta máis de 5 millóns de pasaxeiros, operando en 8 países de Europa e do Norte de África. A súa plantilla supera os 2.000 empregados e a súa facturación é de case 600.000 millóns de euros.

Carlos Bertomeu estivo acompañado na súa visita á alcaldesa polo director comercial de Air Nostrum, Juan Corral, e o director de comunicación e márketing, Antonio de No.
Descargar todas as imaxes