Os cadetes do Calfoncal xogarán por unha praza na final do Campionato de España
Os cadetes dos Calfoncal Lavadores Vigo de balonmán buscarán esta fin de semana no Pavillón Municipal de Lavadores unha praza na fase final do Campionato de España Masculino. Para iso, deberán quedar primeiros dun grupo que completan o Agustinas de Valladolid, o Zarautz, do País Vasco, e o Concepción, de Madrid.
O equipo de cadetes do Calfoncal é un dos mellores de Galicia, tendo conseguido o título de campión autonómico en catro ocasións. Fronte a el, os conxuntos que se perfilan como máis fortes son o Agustinas, campión castelán-leonés, e o Zarautz, subcampión do País Vasco. O Concepción, cincenta do grupo, acadou o terceiro posto na Comunidade Autónoma de Madrid.
O primeiro partido do Calfoncal será contra o Agustinas, o venres a partir das 20.00 horas. O sábado, a partir das 18.45, os galegos xogarán co Concepción e o domingo completarán a súa participación nesta Fase Zonal do Campionato de España Masculino enfrontándose ao Zarautz a partir das 12.15 horas.
Para o adestrador do Calfoncal, Juan Costas, os cadetes do equipo forman "unha xeración moi boa", polo que esta é unha grande oportunidade para realizaren unha actuación destacada a nivel estatal.
Descargar todas as imaxes