A carreira pola lingua percorre Vigo baixo o lema Galegando
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, deu hoxe venres ás 11.00 horas a saída do Correlingua 2007, unha actividade que desenvolve de xeito regular desde o 2000 e que consiste en 10 carreiras que se celebran en 10 vilas de Galiza. Prevese que este ano participen preto de 40.000 rapaces e rapazas, procedentes da maioría de centros educativos de todo o país.
Correlingua é a denominación que adoptaron de maneira común as diversas carreiras en prol do idioma que se convocan no país. É unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar a mocidade e os centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.
Galegando foi o lema escollido para a presente edición, xa que para os organizadores galegar é un xeito de actuar na vida defendendo e asumindo o que somos como galegos e galegas.
O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega–Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo. O Correlingua conta tamén coa colaboración da Vicepresidencia do Goberno Galego, as Consellarías de Cultura e de Industria, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, ademais de diferentes concellos das comarcas onde se desenvolven as actividades, ás que se suma a Rede Galega de Escolas Infantís Galescolas.
As entidades organizadoras consideran fundamental implicar a mocidade, un sector fundamental no proceso de normalización da lingua galega que debe ter un papel activo no mesmo.